Este blog viu a luz o 14 de abril deste ano sendo froito
de diversas xuntanzas anteriores que mantivo o grupo de traballo. Na primeira
delas, alá pola metade do mes de marzo, decidimos cal sería a alternativa
escollida que se corresponde co deseño dun material didáctico para Educación
Primaria. Presentamos diferentes temas que cada un de nós propuxo e despois de
deliberar se decidiu nesta sesión que o tema a desenvolver sería "o corpo
humano".
A nosa segunda xuntanza, na semana do 24 ao 28 de marzo,
notificamos ao noso profesor quen forma parte do grupo de traballo, o tema elixido,
describimos o material que imos deseñar, a idade dos destinatarios e os
obxectivos e contidos que se traballarán co material.
No hay comentarios:
Publicar un comentario