viernes, 9 de mayo de 2014

Exposición do traballo


O dia 7 de maio por fin tivemos a oportunidade de dar a coñecer o noso traballo da unidade didáctica aos nosos compañeiros e ao mestre. A través dunha presentación de PowerPoint destacamos os aspectos máis relevantes da mesma, empezando polo tema, a quén vai dirixida, a xustificación e competencias, os obxectivos, os contidos, a metodoloxía, os recursos que se utilizarán e a secuenciación das actividades. Dentro deste grupo de actividades atópase o deseño dun material didáctico a través do programa EdiLim.

Esta presentación non foi improvisada, de feito tivemos un par de reunións previas nas que se revisou todo o material, se distribuíron as partes entre os membros do grupo e fixemos varios simulacros de presentación para controlar os tempos de exposición e ver se había algún aspecto importante que se nos esquecese presentar.

A través das actividades EdiLim abarcamos a competencia dixital e de tratamento de información que nos permitirán estimular novos xeitos de aprendizaxe, a interacción cos compañeiros, a estimulación de destrezas cognitivas e sociais e aprendizaxes significativos. Dependendo do mestre que acompañe todo o proceso de e-a desta unidade didáctica como guía, poderanse facer diferentes agrupamentos entre o alumnado (grupos de 2, 3 ou toda a aula, incluso de xeito individual dependendo dos momentos, necesidades e dos recursos)

As actividades están deseñadas para traballar todas as competencias definidas na unidade didáctica, son actividades combinadas onde os/as alumnos/as atopan sopas de letras, textos, imaxes, crebacabezas para arrastrar e outros nos que hai que completar textos e incluso hai actividades con pictogramas pensadas para aqueles alumnos/as con trastornos de aprendizaxe do espectro autista.

Queremos sinalar que como grupo estamos satisfeitos de ter desenvolvido esta tarefa por todo o que supuxo para a nosa formación e aprendizaxe, tanto a nivel grupal coma individual.



lunes, 5 de mayo de 2014

Actividades LIM


O día 2 de maio cando xa pensábamos que tíñamos todo máis ou menos preparado  para facer unha proba final das actividades LIM atopámonos cunha serie de problemas á hora de visualizar a páxina dos enlaces externos, pois  non funcionaban. Despois de consultar varios tutoriales-web e falar con outras persoas sobre o asunto, non éramos quen de arranxar a situación. Decidimos enviar un m@il á persoa de contacto que atopamos a través de internet responsable do deseño da aplicación EdiLim. Cál foi a nosa sorpresa que un día despois facilitounos a solución ás cuestións plantexadas. 

Deste xeito puxémonos mans á obra e puidemos facer unha proba do funcionamento das actividades realizadas e respirar un pouco máis tranquilos. Aproveitamos para agradecer a celeridade e profesionalidade por parte dun dos deseñadores da aplicación Edilim en trasladarnos a solución aos nosos problemas, grazas F. Macías!!!!.

As actividades LIM serán unha ferramenta máis que nos permitirá comprobar se os/as alumnos/as adquiriron os contidos traballados e definidos para esta unidade didáctica.

sábado, 3 de mayo de 2014

As actividades


O día 30 abril a reunión xirou arredor das actividades a deseñar para a nosa unidade didáctica. Non foi un traballo sinxelo, mais ben todo o contrario, posto que xurdiron diferentes actividades a desenvolver pero houbo que discriminar moitas delas, pois críamos que non tiñan as características axeitadas para que os alumnos puidesen acadar os obxectivos e contidos definidos previamente.


O primeiro punto a ter en conta á hora de deseñar as actividades a traballar  é que se desenvolverán durante tres semanas e cada semana abarcará 4 sesións; teremos en conta que o rol do profesor na maioría das actividades será coma de guía ou moderador.

En entradas anteriores comentamos que iamos traballar con actividades LIM pero non todas as actividades corresponden a este formato, de feito, os integrantes do equipo de traballo decidimos que, partindo da realidade e dos coñecementos previos dos alumnos, desenvolveriamos en diferentes espazos actividades coma: 
  • recompilación de textos e diferentes materiais,
  • visionado de filmes,
  • traballos en grupo,
  • exposicións dos traballos en grupo,
  • confección dun esqueleto con todas as súas partes,
  • actividades LIM.