O día 30 abril a reunión xirou arredor das
actividades a deseñar para a nosa unidade didáctica. Non foi un traballo
sinxelo, mais ben todo o contrario, posto que xurdiron diferentes actividades a
desenvolver pero houbo que discriminar moitas delas, pois críamos que non tiñan
as características axeitadas para que os alumnos puidesen acadar os obxectivos
e contidos definidos previamente.
O primeiro punto a ter en
conta á hora de deseñar as actividades a traballar é que se desenvolverán durante tres semanas e
cada semana abarcará 4 sesións; teremos en conta que o rol do profesor na maioría das actividades será
coma de guía ou moderador.
En entradas anteriores comentamos que iamos traballar
con actividades LIM pero non todas as actividades corresponden a este formato,
de feito, os integrantes do equipo de traballo decidimos que, partindo da
realidade e dos coñecementos previos dos alumnos, desenvolveriamos en
diferentes espazos actividades coma:
- recompilación de textos e diferentes materiais,
- visionado de filmes,
- traballos en grupo,
- exposicións dos traballos en grupo,
- confección dun esqueleto con todas as súas partes,
- actividades LIM.
No hay comentarios:
Publicar un comentario