viernes, 9 de mayo de 2014

Exposición do traballo


O dia 7 de maio por fin tivemos a oportunidade de dar a coñecer o noso traballo da unidade didáctica aos nosos compañeiros e ao mestre. A través dunha presentación de PowerPoint destacamos os aspectos máis relevantes da mesma, empezando polo tema, a quén vai dirixida, a xustificación e competencias, os obxectivos, os contidos, a metodoloxía, os recursos que se utilizarán e a secuenciación das actividades. Dentro deste grupo de actividades atópase o deseño dun material didáctico a través do programa EdiLim.

Esta presentación non foi improvisada, de feito tivemos un par de reunións previas nas que se revisou todo o material, se distribuíron as partes entre os membros do grupo e fixemos varios simulacros de presentación para controlar os tempos de exposición e ver se había algún aspecto importante que se nos esquecese presentar.

A través das actividades EdiLim abarcamos a competencia dixital e de tratamento de información que nos permitirán estimular novos xeitos de aprendizaxe, a interacción cos compañeiros, a estimulación de destrezas cognitivas e sociais e aprendizaxes significativos. Dependendo do mestre que acompañe todo o proceso de e-a desta unidade didáctica como guía, poderanse facer diferentes agrupamentos entre o alumnado (grupos de 2, 3 ou toda a aula, incluso de xeito individual dependendo dos momentos, necesidades e dos recursos)

As actividades están deseñadas para traballar todas as competencias definidas na unidade didáctica, son actividades combinadas onde os/as alumnos/as atopan sopas de letras, textos, imaxes, crebacabezas para arrastrar e outros nos que hai que completar textos e incluso hai actividades con pictogramas pensadas para aqueles alumnos/as con trastornos de aprendizaxe do espectro autista.

Queremos sinalar que como grupo estamos satisfeitos de ter desenvolvido esta tarefa por todo o que supuxo para a nosa formación e aprendizaxe, tanto a nivel grupal coma individual.



No hay comentarios:

Publicar un comentario